Acordos da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 18-01-2017

 

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo na súa sesión do día 18 de xaneiro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 719 (10/PNC-000052)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 5 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas necesarias para incrementar a captación polas empresas galegas dos fondos comunitarios para I+D+i, en especial no marco do programa Horizonte 2020. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a impulsar as medidas necesarias para incrementar a captación de fondos comunitarios en favor da I+D+i por parte das entidades  galegas,  con  especial  atención  ás  pequenas  e  medianas  empresas,  no marco dos programas de financiamento europeos existentes para estas actividades, especialmente o programa Horizonte 2020”.
 

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 721 (10/PNC-000053)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 5 máis
Sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia de novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector artesanal
BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que poña en marcha novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e  do  sector  artesanal,  tendo  en  conta  a  enorme  visibilidade  que  están  a  ter  os cociñeiros galegos e as grandes sinerxías que poden crear para outros sectores como o artesanal, converténdose en escaparates excelentes da marca Artesanía de Galicia”.

Imaxes relacionadas