A ONCE dedica ao Parlamento de Galicia o cupón que se sorteará o 23 de xullo

• O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradece a colaboración da ONCE para divulgar en toda España a primeira institución de Galicia o ano no que se cumpren 35 anos da súa constitución
 
Santiago, 11 de xullo de 2016.- A ONCE dedicará ao Parlamento de Galicia o cupón do vindeiro 23 de xullo, durante o ano no que a institución celebra o seu 35 aniversario. O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, entregou esta mañá ao presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, unha reproducción do cupón, nun acto celebrado na Biblioteca da Cámara.
 
Santalices Vieira agradeceu á ONCE e ao seu delegado territorial en Galicia a decisión de dedicar un cupón á Cámara galega, unha iniciativa que valorou pola enorme difusión da mesma, o que permitirá levar a imaxe do Parlamento de Galicia a toda a xeografía española.  A xuízo do presidente do Parlamento, esta aposta cobra especial significado por estar programada nas datas previas á celebración do Día de Galicia.
 
O presidente do Parlamento de Galicia agradeceu e valorou tamén o “labor importante” que desenvolve a ONCE “en beneficio dos demais”.
 
O cupón presentado esta mañá na biblioteca do Parlamento de Galicia forma parte dunha serie temática que a ONCE dedica  aos parlamentos das Comunidades Autónomas e asembleas lexislativas das ciudades autónomas de Ceuta e Melilla e que concluirá o vindeiro mes de outubro. Cinco millóns e medio de cupóns da ONCE difundirán a imaxe da Cámara galega por toda España.
 
Ademais do presidente do Parlamento e o delegado territorial da ONCE, tamén asistiron á presentación deste cupón as vicepresidentas primeira e segunda da Mesa da Cámara, Marta Rodríguez Arias e Mª Soledad Soneira Tajes; e o secretario da Mesa,  José Manuel Balseiro Orol.
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas