Maite Cancelo toma posesión como deputada do PPdeG pola Coruña

Santiago, 22 de decembro de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Maite Cancelo Márquez como deputada do PPdeG pola circunscrición electoral da Coruña, en substitución de María Soledad Piñeiro Martínez.
 
Maite Cancelo naceu en Barcelona o 30 de setembro de 1966. Está casada e ten dous fillos. Doutora  en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora do departamento de Economía Cuantitativa e profesora titular de Economía Aplicada. Foi decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais no período de 2007 ao 2010 e vicepresidenta da Conferencia Española de Decanos de Economía e Empresa (2009-2010). No ano 1997 recibiu a insignia de ouro da USC. Vogal do Consello Galego de Estatística dende o ano 2009, tamén foi vogal no Consello Galego de Universidades entre os anos 2009 e 2013. Foi nomeada "Economista do ano 2010" polo Colexio de Economistas da Coruña.
 
Entre os anos 2010 e 2012 Cancelo Márquez  foi directora xeral do Centro Europeo de Empresa e Innovación de Galicia, organismo pertencente á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e actualmente integrado no IGAPE.
 
Maite Cancelo é concelleira en Santiago de Compostela. Forma parte do Comité Executivo do PP na provincia da Coruña na área de Comercio e Turismo e do Comité local de Santiago de Compostela, do que anteriormente foi vicesecretaria de Organización.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas