Persoal de Inditex e do Consello Social da Universidade da Coruña visita o Parlamento

Santiago, 12 de decembro de 2015.- Persoal do grupo Inditex e do Consello Social da Universidade da Coruña visitou esta mañá o Parlamento de Galicia, onde efectuaron unha visita guiada e foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo.
 
A visita estivo encabezada por Antonio Abril Abadín, secretario xeral de Inditex e presidente do Consello Social da UDC. Participou na visita persoal da Secretaría Xeral e dos departamentos de propiedade industrial e medio ambiente de Inditex, e do Consello Social da Universidade da Coruña.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas