O valedor do pobo entrega á presidenta do Parlamento un Informe extraordinario sobre a situación das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais de Galicia

Santiago, 22 de xullo de 2015.- O valedor do pobo, en funcións, José Julio Fernández, entregou esta mañá á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, o Informe extraordinario sobre a situación das persoas lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais de Galicia. Análise desde o punto de vista do tecido asociativo, elaborado polo alto comisionado da Cámara galega. Logo de ser rexistrado, o informe deberá ser cualificado pola Mesa do Parlamento de Galicia para, de seguido, continuar a tramitación parlamentaria. Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas