Pilar Rojo recibe ao presidente da Federación de Asociacións Galegas da Arxentina

Santiago, 17 de xullo de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibiu este mediodía, no seu despacho da Cámara, ao presidente da Federación de Asociacións Galegas e director do Museo da Emigración Galega na Arxentina, Francisco Lores Mascato. Pilar Rojo interesouse polo labor que desenvolve a entidade presidida por Francisco Lores e pola situación da colonia galega na Arxentina. A presidenta do Parlamento agradeceu a Francisco Lores a acollida brindada cando, o pasado mes de abril, tivo ocasión de visitar a sede da Federación aproveitando a viaxe que efectuou a Buenos Aires para participar, entre outras actividades, na inauguración do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos e da exposición “53 páxinas das nosas letras”. Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas