A presidenta do Parlamento recibe ao novo comisario da Policía Autonómica

Santiago, 19 de marzo de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía ao novo comisario da Policía Autonómica, Silverio Blanco Fernández, que acudiu acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor Pérez.
 
A presidenta da Cámara desexou ao novo comisario unha xestión exitosa á fronte da unidade policial adscrita á Comunidade Autónoma.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas