Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de abril de 2014


4.1 17194 (09/PNP-001236)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín, e seis deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego con motivo da conmemoración no ano 2014 do trixésimo quinto aniversario do pasamento de Eduardo Blanco Amor
Publicación da iniciativa, BOPG nº 230, do 04.02.2014

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

• A colaborar co tecido cultural e institucional galego co fin de favorecer o desenvolvemento de iniciativas que contribúan a promover activamente a divulgación e o coñecemento da vida e da obra de Eduardo Blanco Amor entre a nosa cidadanía co gallo da conmemoración do aniversario do seu pasamento no ano 2014.
• Á programación de actividades ao longo de todo o ano e de todo o territorio galego.
• Ao fomento da realización de estudos e congresos feitos pola universidade que actualicen e afonden no estudo do significado da súa biografía, pensamento e obra.
• Á divulgación a través dos medios de titularidade pública.
• A impulsar e apoiar a elaboración de materiais para actualizar aos tempos actuais a figura de Blanco Amor e a súa importancia na defensa da democracia, da igualdade de dereitos de todas as persoas e, en concreto, da súa reivindicación do respecto pola condición afectivo-sexual das persoas».

 


4.8 21814 (09/PNP-001505)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román, e sete deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facilitar o acceso das familias galegas aos libros de texto.
Publicación da iniciativa, BOPG nº 269, do 09.04.2014

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a facilitar o acceso das familias galegas aos libros de texto, facendo  compatibles as axudas a aqueles que máis o necesiten coa solidariedade e coa cooperación na progresiva extensión de iniciativas de banco de libros impulsadas pola comunidade educativa de cada centro e, ao mesmo tempo, propiciando a dispoñibilidade de materiais e contidos educativos dixitais».


 


Imaxes relacionadas