O valedor do pobo entrega á presidenta do Parlamento o Informe Ordinario de 2013

 
 
Santiago, 1 de abril de 2014.-  A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibou hoxe do valedor do pobo, José Julio Fernández, o informe ordinario desta institución correspondente ao exercicio de 2013. 
Coa entrega do documento comeza a tramitación parlamentaria do informe, que culminará cunha comparecencia do Valedor ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas