Pilar Rojo lamenta o falecemento de Luciano Fariña, do que destaca a súa valía profesional e calidade humana

Santiago, 5 de marzo de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, lamenta o falecemento, a pasada madrugada, do conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Luciano Fariña, do que destaca a súa valía profesional, pero tamén a súa calidade humana. 

 

Rojo Noguera traslada a súa condolencia e solidariedade á familia de Luciano Fariña, e aos seus colaboradores no Consello de Contas de Galicia.


Imaxes relacionadas