A presidenta do Parlamento expresa o seu pesar polo falecemento do exdeputado Ceferino Díaz


 
Santiago, 23 de decembro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, expresou hoxe, en nome propio e no da Cámara galega, o seu pesar polo falecemento do exdeputado socialista Ceferino Díaz Díaz.
 
Pilar Rojo lamenta o pasamento de Ceferino Díaz, que foi deputado no Parlamento de Galicia entre a primeira e a cuarta lexislaturas (1981-1997), e considera que con el desaparece un dos protagonistas da política galega.
 
Ceferino Díaz foi un dos exdeputados que tomaron parte nos actos organizados polo Parlamento de Galicia en 2011 para conmemorar o 30 aniversario da institución.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas